Pablo Fidalgo

Producción

Lisboa
www.pablofidalgo.com

Filosofía de traballo

Filosofía de traballo. Poesía de traballo. Reler historia e filosofía política, reler aos místicos, reler aos poetas chinos e xaponeses. Tomar notas. Deitarme. Soñar. Pasear. Atopar paisaxes onde as ideas toman forma. Desexar outro lugar e outra vida diferente a aquela para a que fun educado. Aprender o funcionamento do mundo. Resistirse. Perfeccionar a resistencia. Ter unha estratexia radical. Compartir as lecturas, a luz, a auga, a mesa. Celebrar para falar, reunirse para pensar. Crear as condicións para rebentar a mentira. Aprender italiano. Lembrar os que ficaron no camiño. Ser lembrado por eles. Continuar.

Referentes

Un autorretrato en vintecinco nomes do século vinte. Mario Luzi, Flannery O’Connor, Yorgos Seferis, Gordon Matta Clark, Luis Cernuda, Hélio Oiticica, Svetlana Alexiévich, Simone Weil, Henri Michaux, Junichiro Tanizaki, Philippe Garrel, Pedro Costa, Abbas Kiarostami, Robert Smithson, Anne Carson, Bruce Chatwin, Jean Genet, Heiner Müller, Mahmud Darwish, Pascal Quignard, Tiqqun, Chantal Akerman, César Vallejo, Ricardo Piglia, Czeslaw Milosz.

Proxectos destacados

O meu traballo sobre a memoria da miña familia. No ano 2013 publiquei un libro sobre a historia dos meus país titulado Mis padres: Romeo y Julieta. Despois fixen un traballo sobre a historia dos meus avós, coa miña avoa en escena, titulado O estado salvaxe, recuperando as películas en super 8 que o meu avó filmara durante anos. Despois rematei a triloxía con Habrás de ir a la guerra que empieza hoy, que conta a historia incríbel do tío do meu avó, Giordano Lareo Mallo, autor do primeiro manual de  papiroflexia publicado en Arxentina, o Papirozoo.

Experiencia destacada

No ano 2016 fun convidado pola Culturgest, Lisboa, a participar no proxecto Panos, no que institutos de todo Portugal presentar tres textos de autores contemporáneos escritos para a ocasión. Tiven a oportunidade de traballar dous días o texto con profesores e alumnos deses institutos e despois acompañar por todo Portugal as diferentes postas en escena do texto, titulado Solo hay una vida y en ella quiero tener tiempo de construirme y destruirme. Un dos institutos fixo un traballo case profesional, exacto, poético, intenso. Imaxino o que suporía un proxecto como ese aquí en Galicia.