Apiario

Produción

A Coruña
Antía Otero, Dores Tembrás
www.apiario.eu
  • Apiario
  • Apiario

Filosofía de traballo

En Apiario cremos no traballo, no proceso, en testar as cousas antes de decidilas. Gústanos todo aquelo que é realizado con mimo e rigor, que dedica tempo a pensar e reflexionar sobre os pequenos detalles que marcan a diferencia, e que busca a funcionalidade dende o gusto estético. O selo do artesanal e o sinal dos autores e autoras son o noso selo.

Referentes

Cando comezamos a deseñar o proxecto de Apiario, moito antes de que saise á luz a editora, sentiamos certa admiración por Fabulatorio. O seu ideario segue a parecernos moi interesante e dalgún xeito significaba un lugar no que mirarse, tódolos libros do seu catálogo eran diferentes, o acabado de cada un deles mostrábase exquisito, había un concepto que guiaba cada unha das pezas e aínda que se trata de proxectos moi diferentes sentímonos preto deles. É posible editar fotografía doutro xeito?. É posible editar poesía doutro xeito?.

Proxectos destacados

Acumulamos longa experiencia impartindo obradoiros en centros de ensino e en entidades tanto públicas como privadas. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autores/as específicos/as ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético dende diferentes perspectivas. Na nosa propia sede en A Coruña ofrecemos cursos de formación en escrita creativa, laboratorios, encontros con autores/as así como obradoiros en formato online. O equipo de Apiario temos anos de bagaxe neste sector e percorrimos con proxectos educativos un gran número de centros en toda Galicia, ademáis de deseñar proxectos para Concellos e Asociacións culturais, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Ágora, AFUNDACION, AELG, AS-PG, CFR da Coruña, Culturgal, Bibliotecas públicas e empresas do sector privado. Entre os seus libros atópanse Caer de cu polo Universo de Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo, un álbum infantil onde se mestura ciencia e poesía, a antoloxía poética No seu despregar ou O Deserto, poemario de María do Cebreiro con deseño de Numax.

Experiencia destacada

Dende o inicio, Apiario, seguindo a nosa idea de realizar libros únicos nos que cada título se comezase a construír dende cero e sen maquetas prefixadas, vimos necesario dialogar con artistas plásticos e persoas que habitan outras disciplinas artísticas e achegalos ao mundo editorial. Así, nestes anos vimos colaborando con Mauro Trastoy, Tamara Feijoo, Iria do Castelo ou NUMAX.

Estas experiencias son para nós tremendamente gratitificantes á hora de entender os procesos creativos do libro como obxecto e sen dúbida marcan a nosa liña de traballo.