Arrokabe

Arquitectos

Óscar Andrés Quintela,
Iván Andrés Quintela
Santiago de Compostela
www.arrokabe.com
  • Centro Silleda
  • Centro Belvís
  • Centro Belvís interior
  • Vivenda Rúa do medio
  • Vivenda Rúa do medio interior

Filosofía de traballo

Declaración de intencións:
  • Partimos dunha especial atención á preexistencia; material e/ou cultural.
  • Perseguimos o atemporal e o contemporáneo, non a orixinalidade entendida unicamente como novidade.
  • Construímos a linguaxe sobre o concreto, tentamos de non impoñelo.
  • Cremos na capacidade expresiva dos materiais e as técnicas construtivas axeitadas.
  • Confiamos no optimismo como materia prima principal do acto creativo.

Referentes

Josep Llinàs Carmona.

O interese pola nosa parte xurdiu a través da súa obra e os seus escritos. Por circunstancias diversas tivemos a oportunidade de colaborar profesionalmente en distintas ocasións chegando a establecer unha relación de amizade. É precisamente “nas distancias curtas” onde descubrimos unha actitude ante o traballo e o oficio que consideramos un exemplo.

Proxectos destacados

  • Centro en Silleda
    Rehabilitación e Ampliación de Conxunto de Edificacións con destino a Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade (Medelo. Silleda. Pontevedra)

  • Centro en Belvís
    Rehabilitación de Edificación destinada a Catalizador Cultural
    Parque de Belvís (Santiago de Compostela. A Coruña)

  • Vivenda en Santiago
    Rehabilitación de Edificio con destino a Vivenda Unifamiliar
    Rúa do Medio, 27 (Santiago de Compostela. A Coruña)

Experiencia destacada

Sieteymedio é un sistema construtivo en madeira, modulado e á vez flexible, que permite resolver de forma eficiente tanto estrutura como cerramentos exteriores e a relación entre ámbolos dous. A súa flexibilidade permite utilizalo para diferentes usos que ademais poderán ser facilmente modificados durante a vida útil do edificio.

A imaxe final das edificacións resulta recoñecible porque se basea en pautas de deseño derivadas de boas prácticas construtivas impostas polo propio material e recollidas en diversas tradicións construtivas.