Ataque Escampe

Grupo de música

Álvaro Trillo (batería e percusións), Lois G. Carlín (baixo e coros), Samuel Solleiro (guitarra, mostrexo musical, samples e coros), Miguel Mosqueira (guitarra, voz e coros), Roi Vidal (sintetizador, voz e coros).
Santiago de Compostela
www.ataqueescampe.org

www.ataqueescampe.bandcamp.com

Filosofía de traballo

“O noso camiño é non ter camiño”, dixemos nunha entrevista en 2012 e seguimos igual. Aspiramos a que cada disco sexa distinto do anterior e traballamos sempre de forma colectiva, coma se o grupo fose unha criatura distinta das persoas integrantes, coa súa propia mente e os seus propios órganos. Como un pequeno dragón que creemos ter bastante domesticado pero sempre acaba por sorprendernos con novos trucos e ataques de furia.

Referentes

Temos demasiados e varían de semana en semana, os moi miserables.

Discografía destacada

  • 2017. Primeiros bicos (Discos da Máquina)
  • 2014. O disco vermello (Discos da Máquina)
  • 2012. Noites de agosto con Ataque Escampe (Discos da Máquina)
  • 2011. Violentos anos dez (A Regueifa)
  • 2009. A grande evasión (A Regueifa)
  • 2008. Galicia es una mierda (A Regueifa)

Proxecto destacado

O libro Relatos americanos (2015), en colaboración co artista plástico Misha Bies Golas, que é o máis ambicioso dos proxectos “especiais” en que participamos ata o momento. Consiste nun libro en que se alternan historias semificcionadas sobre nós mesmos con colaxes de Misha, e un EP (só dispoñible en liña) de pezas instrumentais compostas co sintetizador modular Serge. Talvez sexa a obra que mellor pon en relación, por medio da narración, o que fomos unha vez co que somos agora.