Carla Andrade

Artista visual e realizadora

Vigo
www.carlafernandezandrade.com
  • El paisaje está vacío
  • Kuch Nahi
  • Kuch Nahi MAC
  • Kuch Nahi MAC

Filosofía de traballo

Mediante a fotografía, o vídeo, o cinema, o son ou a instalación, expoño a miña propia linguaxe-realidade xerando contido e pensamento a través da forma e a experiencia estética. Fago uso da eliminación e da negación para volver ao máis primitivo e inconsciente; á experiencia directa sen unha carga directiva, e sen a necesidade de iluminar coa razón, para situar ao espectador fronte a unha certa resistencia á ditadura das estruturas e patróns preestablecidos.

Referentes

Imposible enumerar. Cineastas experimentais dende Val del Omar ata Apichatpong Weerasethakul, pasando por Peter Hutton, entre moitos outros. Artistas visuais que traballan coa experiencia e a forma dende Pierre Huygue a Wolfang Tillmans ou Jochen Lempter. Filósofos, poetas, místicos… por citar algúns deles, Friedrich Hölderlin, Simone Weil, Antonio Gamoneda, etc.

Exposicións destacadas

  • 2013 – Horizonte. Museo Guggenheim de Bilbao. Exposición colectiva.
  • 2013 – Veraneantes. MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Exposición colectiva.
  • 2014 – P2P. Prácticas contemporáneas en la fotografía española. Teatro Fernán Gómez, Sección oficial Photoespaña. Exposición colectiva.
  • 2014 – Geometría de ecos. Fundación BilbaoArte, Bilbao.
  • 2014 – Llueven manchas de tiempo. Casa das Artes de Vigo.
  • 2015 – Kuch Nahi. MAC Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña.
  • 2015 – ▽. Galería Trinta, Santiago de Compostela.
  • 2016 – Listen to me. FILMADRID (Sección “Pasajes de cine”).
  • 2016 – Listen to me. L’Alternativa Festival de Cine Independiente de Barcelona (Sección Panorama).
  • 2017 – El paisaje está vació y vacío es el paisaje. Festival Internacional de Documental y Cortometraje Zinebi (Sección oficial), Bilbao.
  • 2018 – El paisaje está vacío y vacío es el paisaje. International Film Festival Rotterdam (Sección “Curtain Call”), Holanda.

Proxecto destacado

  • 2015 – Kuch Nahi.

Proxecto de fotografía, vídeo, cine e instalación (aínda non totalmente rematado) realizado no Deserto de Atacama grazas ás Becas de Creación Artística en el Extranjero 2014 Gas Natural Fenosa.