Christian García Bello

Artista

A Coruña
www.christiangarciabello.es
  • CGB_Paciencia y barajar. Exposición individual. Galería Formato Cómodo. Madrid, 2015
  • CGB_Como tizón quemado. Carbón y grafito sobre madera, cuerda, metal y sayal. Instalación_vista xeral_ 2015
  • CGB_Como tizón quemado. Carbón y grafito sobre madera, cuerda, metal y sayal. Instalación_vista xeral. 2015
  • CGB_Paciencia, paciencia, paciencia. Grafito sobre hormigón, cuero y cordón 2015
  • CGB_Tres escalones. Grafito, carbón, hormigón y madera de pino. 2015.

Filosofía de traballo

Son artista visual e traballo en varias técnicas que abarcan a escultura, a instalación e o debuxo. Dende elas abordo e investigo diferentes temáticas ó redor do individuo, a súa escala e a paisaxe que habita.

No meu traballo teñen moito peso conceptos como a escala, a altura, a horizontalidade, o ritual e a distancia, entrecruzados con outros como a luz, a temperatura, a greta ou a morte. As miñas estratexias formais e discursivas acostuman a nadar entre a simplificación analítica, o reducionismo formal, a poesía do material e as tensións do transcendental.
O meu método de traballo baséase nun proceso de desencriptado e reencriptado a través da investigación, a análise, a selección e a articulación mediante o cal intento elaborar novas construcións nodais abstractas e complexas.

Referentes

Miroslaw Balka, Richard Serra, Andrei Tarkovski e Pío Baroja.

Exposicións destacadas

  • 2013 – Detenido (Al pie de la loma). Zona C, Santiago de Compostela.
  • 2014 – Fugir para lado algum. Maus Hábitos, Oporto.
  • 2015 – Paciencia y barajar. Galería Formato Cómodo, Madrid.
  • 2015 – Como tizón quemado. CGAC, Santiago de Compostela.
  • 2016 – Rehabitar el espacio: presente, pasado y futuro – Colección DKV, Museo Lázaro Galdiano, Madrid.
  • 2016 – 14ª Mostra. MAC – Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña.
  • 2017 – Miradas IV. Centro Torrente Ballester, Ferrol.
  • 2017 – Ahora no es pretérito todavía. Formato Cómodo, Madrid.
  • 2018 – Bajo el brazo. Entre la palma de la mano y la axila. Caixaforum, Barcelona.

Proxecto destacado

  • 2015 – Como tizón quemado. CGAC, Santiago de Compostela.