Correveydile

Produción

Santiago de Compostela
Mónica Mejías, Elena Sánchez Paradela
www.veydile.com
  • Mercado da estrela. Fotografía: Aigi Boga
  • Mercado da estrela. Fotografía: Aigi Boga
  • Nadal sobre rodas. Correveydile
  • Nadal sobre rodas. Correveydile

Filosofía de traballo

CORREVEYDILE é unha empresa con paixón, ideas frescas e entusiasmo por darlle unha volta de torca ao establecido, centrada no deseño e xestión de proxectos, o desenvolvemento e produción de iniciativas, accións e actividades culturais e de dinamización social, a xestión de eventos, e a creación e materialización de estratexias e ferramentas de comunicación creativa e empática.

Motívanos a vertente da xestión cultural que procura a integración, a participación, o enriquecemento, a igualdade, a diversidade e o benestar social, e destacamos pola nosa ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos e accións relacionadas coa visibilidade da cultura, o patrimonio, o talento e a produción local, así como nas iniciativas pola sustentabilidade e e a responsabilidade social, económica e medioambiental.

Proxectos destacados

  • Coordinación, programación e xestión das actividades culturais da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (setembro 2015 – setembro 2017).

    Deseño e desenvolvemento dos contidos e actividades a programar e xestión xeral da programación en festivais materializados no Gaiás como Pequefilmes ou Cidade Imaxinaria, actividades culturais e lúdicas como Cidade Verde, Entroidos no Gaiás ou Magostos no Gaiás, ciclos como Atardecer no Gaiás, Nadal no Gaiás ou Brincagaiás.

  • Festival lúdico-cultural anual para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela dende 2012, desenvolvido exclusivamente en Santiago de Compostela dende 2014 e anteriormente en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Ourense e Ferrol.

    Iniciativa de promoción propia con patrocinadores que procura, a través dunha abondosa e atractiva programación de balde e para todos os públicos nas datas previas ao Nadal, a visibilidade das persoas creadoras e produtoras de Galicia.

  • Dirección e produción do proxecto cultural Festas de San Xoán en Compostela (xuño 2016 e xuño de 2017) para Turismo de Santiago:

    Deseño, desenvolvemento, xestión e produción do programa de actividades culturais, comerciais e lúdicas da iniciativa de revitalización das tradicións e festas de San Xoán en Santiago de Compostela.

  • Dirección e xestión do proxecto lúdico-cultural Festival da Cervexa Artesá de Cangas no Concello de Cangas (xullo 2016).
  • Dirección e xestión da iniciativa de dinamización comercial Estrea Estilo para o Concello de Santiago de Compostela en 2013, 2014 e 2015.

Experiencia destacada

As nosas traxectorias vitais e profesionais anteriores a CORREVEYDILE leváronos pola senda de sectores como o turismo, a danza, a comunicación e a produción audiovisual e de espectáculos. Ademais estamos inmersas, como cidadás, espectadoras, participantes, colaboradoras e cómplices, en infinidade de propostas divulgativas, lúdicas e culturais da nosa contorna.