Domohomo

Arquitectura

Elena López Fernández e Xulio Turnes Vieito
Santiago de Compostela
www.domohomo.es

Filosofía de traballo

Domohomo nace como un estudio de arquitectura, especializado na rehabilitación e na construción en madeira. Traballamos por acadar unha arquitectura sustentada na i+i+i (íntegra, integral e integrada). Paralelamente, o noso traballo esténdese tamén ó campo do deseño, en estreita relación cos produtos e produtores locais.

Referentes

No eido da arquitectura, polo seu fondo pensamento teórico, sen dúbida, Louis Kahn sempre é unha inspiración para o estudio. Como referencia contemporánea, podemos citar a figura de Peter Zumthor, así coma David Chipperfield co cal tivemos ocasión de colaborar recentemente na súa fundación.

En canto ó mundo do deseño, é inevitable citar a influencia do deseño nórdico así coma a referencia máis local de Isaac Díaz Pardo e, por extensión, todo o mundo de Sargadelos.

Proxectos destacadas

Experiencia destacada

Unha experiencia singular é, sen dúbida, o proxecto N-550 que estamos a desenvolver con Noemí Díaz Patiño e Ramón Viéitez Rodríguez. Materialízase nun proxecto editorial, onde se pretende reflexionar sobre o devir do territorio máis urbano de Galicia, o eixo atlántico. O leitmotiv é precisamente esa estrada nacional que percorre o territorio de norte a sur, dende A Coruña ata Tui, e que nos sirve para indagar sobre a morfoloxía dunha cidade difusa que se estende inexorablemente. En definitiva, trátase de acompasar a nosa tarefa diaria cunha observación máis detida do que está a acontecer no noso entorno máis próximo.