Marta Bran

Artista

Galicia
www.martabran.com
www.trinta.net
  • O Bosquexo do Mundo
  • Picnic

Filosofía de traballo

O aparentemente desapercibido convértese en protagonista nun determinado instante e, cando se mantén a maxia, para min xa é obxecto de inspiración. Deste modo é como nacen as miñas pezas, dende un detalle, un recordo, un xesto… Ó mesmo tempo, o feito de experimentar sedúceme moito, e sempre vencellado ó concepto de instalación no que collen múltiples disciplinas. Vexo a creación no campo expandido como ideal. Gozo creando realidades nas que deambular e mergullarse, física e psíquicamente. Ademais, sexa cal sexa o medio no que me exprese nun determinado momento, penso que sempre hai unha maneira de facer moi particular. Cada peza está minuciosamente elaborada e ‘cociñada a lume lento’. Entendo que os pequenos detalles e as filigranas son uns dos meus principais sinais de identidade.

Referentes

Móvome entre a tradición e a arte máis nova. Polo que, podería citar a O Bosco, Goya, Manet ou Frida Kahlo, pero tamén a artista de Brooklyn Langdon Graves ou á xaponesa Shishi Yamazaki cos seus vídeos rotoscópicos.

De ser soamente un, O Bosco.

Exposicións destacadas

  • 2010 – toc…toc, ¿quién es?. La Casona, Fundación Carriegos, León.
  • 2012 – Inside. I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.
  • 2013 – O bosquexo do mundo. MARCO, Vigo.
  • 2014 – Picnic. Galería Trinta, Santiago de Compostela.
  • 2015 – A propósito do debuxo. Centro Torrente Ballester, Ferrol.
  • 2016 – Once upon a time… , Zona C, Santiago de Compostela

Proxecto destacado

  • 2013 – MARCO. Vigo. O bosquexo do mundo.
Proxecto determinante na miña carreira artística. A partir deste momento comezo a traballar para a Galería TRINTA e as miñas creacións adquiren maior visibilidade en cada nova exhibición.