Rosendo Cid

Artista

Ourense
www.rosendocid.com

Filosofía de traballo

Romper; elixir e tirar; esquecer; borrar; vagabundear; tomar perspectiva; non desbotar os erros e os fracasos; ter en conta as intensidades emocionais; non confundir o azar coa casualidade; mirar na versatilidade do incerto; facer o contrario do que digan os manuais de arte; razoar o irrazoable; non facer listas de conceptos creativos co afán de seguilos; pensar que as listas non dan solucións definitivas senón suxestións; pero sobre todo, insistir.

Referentes

Non hai referentes claros pero direi que doutros artistas ou proxectos me interesan non aqueles que me ofrecen métodos senón provocacións.

Exposicións destacadas

  • 2005 – Esculturas dun minuto. Sala Alterarte, Campus Ourense.
  • 2013 – Mientras tanto, la lógica del objeto. Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
  • 2014 – El ingenio de la escalera. CGAC, Santiago de Compostela.
  • 2016 – Las líneas paralelas nunca se encuentran. Galería Metro, Santiago de Compostela.
  • 2017 – Fe de erratas. Fundación RAC, Pontevedra.
  • 2018 – La duda es el único estado posible. Galería Nordés, Santiago de Compostela.

Proxecto destacado

Tal vez podería destacar a residencia que gocei no MAC – Museo de Arte Contemporáneo da Coruña, Objetos encontrados, no ano 2014, pola esixencia do proxecto e polas decisións diarias que tiven que levar a cabo, dada a natureza do que expuña; ou mesmo podería dicir unha das primeiras mostras individuais que fixen no 2005, Esculturas dun minuto, na Sala Alterarte. Noutro sentido, tamén me gustaría citar o libro 5000 veces pintura, editado no 2017, no que me obriguei a escribir unha elevada, incluso esaxerada cantidade de aforismos sobre o feito da pintura.