Filosofía de traballo
Os temas capitais do meu traballo son a identidade e o corpo como suxeito vulnerable. Hai unha preocupación constante sobre a fraxilidade humana, a eterna procura existencial, a relación co outro e o contexto que me rodea. Interésame o carácter escultórico do corpo, a súa aparencia, estética ou imaxe e as diferentes capas que oculta o verdadeiro eu.O meu espazo de traballo é aquel que oscila entre dúas realidades opostas, espazos fronteirizos que non terminan de definirse e se balancean continuamente en función do punto de vista. Utilizo como medio a fotografía, o vídeo e a performance pero cunha importante presenza da escultura. Formalmente interésame conexionar disciplinas onde non queda claro cal é a máis importante, os contornos fusiónanse e retroaliméntanse, do mesmo xeito que na formación da identidade absorbemos con maior ou menor intensidade todo o que está ao noso redor.
Referentes
Erwin WurmExposicións destacadas
- 2013 – Unha estratexia da aparencia, Festival Outono Fotográfico. Casa da Cultura de
Pontedeume, A Coruña.
- 2013 – El museo imaginario de la escultura. Museo Nacional de Escultura, Colegio de San Gregorio. Valladolid.
- 2014 – Espazo público / Espazo privado. Comisariada por Mónica Maneiro. Centro Torrente Ballester de
Ferrol, A Coruña.
- 2015 – Reverberaciones. Comisariada por Luis Mosquera. Centro Cultural de Cali, Colombia.
Proxecto destacado
- 2015 – 9ª Biennal Leandre Cristòfol. Comisariada por Gloria Picazo. Centre d’Art La Panera, Lleida