DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Arquitectura da auga. Territorio, imaxe e pensamento

 
formación
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 8 abril, 2021 - 18:00 a xoves, 29 abril, 2021 - 20:00

Taller e investigación ao redor da arquitectura da auga ao seu paso polos cinco camiños de peregrinación que conflúen en Santiago. Tras seleccionar lugares en cinco municipios radiais a Compostela e a unha distancia media de 12 km do centro histórico, preténdese descubrir como unha arquitectura modesta pode conducirnos a través das relacións significativas a estruturas máis complexas.

O taller teórico e práctico é un work in progress guiado pola arquitecta Elisa Gallego e o fotógrafo valenciano Julián Barón, merecedor dunha mención de honra no First PhotoBook Award da París Photo- Aperture Foundation polo seu libro  C.E.N.S.U.R.A, xunto aos arquitectos Juan Creus, Pablo Gallego e Francisco Leiva do Grupo Aranea. Tras varias sesións de talleres durante o mes de marzo, o taller culminará cunha publicación e exposición na Fundación DIDAC que abrirá o xoves 8 de abril.

Taller en colaboración coa Universidade da Coruña

#OteuXacobeo

#Xacobeo2021

https://consejojacobeox21.es/gl/

https://www.xunta.gal/