DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

MOTA participa nun taller (Carlos Garaicoa)

Carlos Garaicoa
 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 2 setembro, 2022 - 17:00

O traballo de Carlos Garaicoa é o protagonista deste novo capítulo. Nel, a curiosidade de MOTA segue crecendo e interésase polos comentarios das persoas asistentes á exposición. Entón dáse conta de que a arte pode servir para mellorar o mundo e que o artista, neste caso, busca concienciar a través da súa obra sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Inspirada no traballo do artista, ao final proponse unha actividade coa que dar vida a novas plantas e facer máis agradábels as nosas rúas e barrios.