DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

A outra metade. A muller na historia do deseño

A muller na historia do deseño
A muller na historia do deseño
A muller na historia do deseño
A muller na historia do deseño
A muller na historia do deseño


DIDAC. Santiago de Compostela


Creadoras que forman parte da Colección DIDAC

28 setembro, 2021 a 24 outubro, 2021

Creadoras: Elena Ferro, Carmen Arias, Idoia Cuesta, Marta Lojo, D-due, Charles y Ray Eames, Grace Schwindt, Verónica Moar, Mar Ramón, Teresa Búa, Ojea Studio, Sandra Cinto, Mónica Capucho, Almudena Fernández, Eva Zeisel, Aino Aalto, Cecilie Manz, Marie Neurath, Cipe Pineles, Elaine Lusting Cohen, Marianne Brandt, Patricia Urquiola, Sonya Dyakova, Charlotte Perriand, Zuzana Licko, Vivienne Westwood, Irma Boom, Rosmarie Tissi, April Greiman, Bonnie Maclean, Martine Bedin, Manuela Mariño, Paula Scher, Maija Isola, Clotilde Olyff, Nuria Carballo, Inês Teles, María Ramos y Noel Pretorius (NM type), Uqui Permuy

A outra metade. A muller na historia do deseño fai un percorrido histórico dende unha óptica internacional, aínda que atendendo especialmente ao caso galego, un enfoque que permitirá descubrir algúns nomes esquecidos e abrir novas portas ao relato do deseño galego. Un deseño entendido desde un sentido amplo, onde se cruzan tamén a artesanía e a arte contemporánea. 

Conscientes de que na historicidade non hai certezas e que resulta necesario mirar de novo a historia do deseño para reescribir as súas narrativas e encher os seus baleiros, a mostra compleméntase cunha publicación cun texto de David Barro no que analiza o traballo de máis dunha centena de deseñadoras que realizaron o seu traballo nos últimos 100 anos.

Na exposición poden verse traballos de deseñadoras pioneiras da Bauhaus como Marianne Brandt ata deseñadoras artesás galegas como Paula Ojea, Elena Ferro, Idoia Cuesta ou Verónica Moar. Así, nomes claves do deseño industrial como Aino Aalto, Ray Eames, Charlotte Perriand, Cecilie Manz, Patricia Urquiola ou Martine Bedin; e do deseño gráfico ou da tipografía como Cipe Pineles, Elaine Lustig Cohen, Maria Neurath, April Greiman, Rosmarie Tissi, Zuzana Licko, Carol Twombly, Paula Scher, Bonnie McClean, Maija Isola, Sonya Dyakova ou Irma Boom; comparten espazo e serven para contextualizar o traballo de deseñadoras galegas como Carmen Arias (Mimina), Manuela Mariño, Nuria Carballo, Marta Lojo, Uqui Permui, María Ramos, etc., entre outras. A exposición tamén inclúe traballos de artistas como Mónica Capucho, Inês Teles, Sandra Cinto, Grace Schwindt, Almudena Fernández Fariña ou Teresa Búa.  

A programación de DIDAC conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.