DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación do libro Juan Griego de Adolfo Domínguez

 
Presentación
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 10 abril, 2019 - 19:00

Presentación do libro Juan Griego de Adolfo Domínguez nunha conversa entre María Solar e Adolfo Domínguez, introducida por David Barro.

Sinopse de Juan Griego

Juan Griego é un oficial da mariña arxentina que emprende unha viaxe trepiante a través do corazón da noite de América Latina nos oitenta do século XX, uns anos esmaltados de ditaduras brutais e opio. Impulsado por un desgarramento que lle sube por non sabe que fededuras, cruza ermos e atravésanlle as preguntas que se expoñen os que nacen no lado equivocado do mundo. É un poema épico, unha historia de amor atravesada por mulleres de carácter: de arame e mel. Non é un home que vive para salvarse. Cada noite máis en vela, busca a luz, entender. Porque Deus non castiga as maldades, só os erros.

Nota biográfica do autor

Adolfo Domínguez naceu e creceu entre costuras no taller dos seus pais. A finais dos anos 60 estudou arte e cinema en París, na universidade de  Vincennes. O azar tróuxoo de volta ao taller. Escribiu toda a súa vida para poñer orde e hoxe publica estas páxinas.