DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Xornada de conversas no Bela Fisterra Hotel

Hotel Bela Fisterra
 
encontro
Bela Fisterra Hotel

sábado, 9 novembro, 2019 - 11:30

A Fundación DIDAC, en colaboración co Bela Fisterra Hotel, organiza unha serie de conversas con protagonistas da arte, a arquitectura, o deseño e a artesanía de Galicia, dentro do ciclo “Galicia. Un século de creación”.

Por unha banda, o director da Fundación DIDAC, David Barro, presentará algúns casos de éxito de deseño recentemente catalogados no libro “O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia” editado pola Xunta de Galicia dentro do programa Deseño para a Innovación 2020, casos entre os que destaca o Bela Fisterra Hotel, marco deste encontro.

O propio David Barro moderará unha mesa redonda cos seus protagonistas, os arquitectos Creus & Carrasco, o deseñador Xosé Teiga e o promotor Pepe Formoso, charla que contará con Antón Castro como convidado especial.

Antes, a comisaria de exposicións, Carmela Montero dialogará co artista Christian García Bello e coa ceramista Verónica Moar en torno á fusión da arte, a artesanía e o deseño.

11.30-12.00 David Barro (director Fundación DIDAC) Charla “Casos de éxito de deseño en Galicia”

12.00-12.30 Mesa redonda “Arte, artesanía e deseño” con Verónica Moar (ceramista) e Christian García Bello (artista). Modera: Carmela Montero

12.30-13.30 Mesa redonda “Hotel Bela Fisterra. Caso de éxito” con Pepe Formoso (promotor), Creus & Carrasco (arquitectos), Xosé Teiga (deseñador) e Antón Castro (profesor e comisario de arte). Modera: David Barro

BELA FISTERRA HOTEL
Rúa Anchoa 56
15154 Fisterra (A Coruña)