DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Carmela Montero

Carmela Montero
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

CGAC. Sala Padroado. Santiago de Compostela

martes, 7 novembro, 2017 - 19:00

O Movemento Renovador. Tradición e vangarda

Nas primeiras décadas do século XX existiron en Galicia unha serie de artistas e escritores que desde os anos vinte se alimentan do clima de vangarda propio da época e vanse desmarcando do aire historicista e tradicionalista da xeración anterior.
Maside, Colmeiro, Souto e Eiroa son algúns dos protagonistas dunha arte baseada nunha nova forma de mirar.

Carmela Montero (A Coruña, 1977) é documentalista e conservadora da Fundación Luis Seoane. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o Máster en Xestión e Administración da Documentación e a Información da Universidade de A Coruña. Como Conservadora da Fundación Luis Seoane, xestiona a colección do seu fondo artístico e tamén comisariou exposicións dedicadas a súa figura, na propia Fundación e en outras institucións. Tamén supervisou e participou como conservadora en proxectos de artistas como Günther Förg, Ángela de la Cruz, Valérie Jouve ou Eugenio Granell. Entre os seus traballos recentes destaca o comisariado de Carlos Maside – Luis Seoane. Aquel abrazo, exposición retrospectiva sobre a obra de Maside e a súa influencia en Seoane.