DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo. Foto Xosé Castro
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 31 xaneiro, 2018 - 19:30

O cinema de Carlos Velo: expresión e construción de esfera pública.

Un pequeno filme de nome Galicia, Carlos Velo (1936), perdido a resultas da guerra civil española (1936-1939) e corcosido de maneira provisoria en 2011, a partires da aparición de varias bobinas nun arquivo ruso, serve de pretexto para unha viaxe ao interior dunha obra-exemplo da “produción artística de masas” que a época reclama.

Margarita Ledo Andión é escritora e cineasta, catedrática de comunicación audiovisual da USC, coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais e dirixe o proxecto de I+D+i Patrimonio Cultural Inmaterial: Para un programa europeo de subtitulado en linguas non-hexemónicas, que é continuación do que finalizou en 2015: Cara ao espacio dixital europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal. A súas liñas de pescuda traballan a produción e acceso a bens culturais dende a diversidade e as políticas de comunicación e as teorías feministas nos universos da creación e a expresión. É Premio Nacional da Cultura Galega 2008 en Cine e Audiovisual e membro da Real Academia Galega. O seu libro Cine de fotógrafos (2005) Gustavo Gili, Barcelona, foi Premio ”Fundació Espais d’Art Comtemporani”. Filmes: A cicatriz branca (2012), Para alén de Santa Liberdade (2004), Manuel María:”eu son fala e terra desta miña Terra” (2005/2016); Liste, pronunciado Líster (2007) ou Cienfuegos, 1913 (2008). Artigos recentes: “European cinema in the languages of stateless and small nations”, (en co-autoría con Antía López e Marta Pérez) na Revista Latina de Comunicación Social; “Acciones (in)diferenres, tensiones latentes” en IC, revisa científica de Información y Comunicación; “Cine Documental, Cibercultura y tecnologías de proximidad” (2015) en Telos, Cuadernos de Comunicación e Innovación; “El cuerpo, esa insoportable lengua comunal” en El tratamiento informativo de la violencia contra las mujeres (2015), Inmaculada Postigo e Ana Jorge Alonso (Coord.), CAC, La Laguna, “Vestigio y Extrañeza: sobre la obra de Bernardo Tejeda” en Imagen, cuerpo y sexualidad, (2014), Francisco Zurian (ed.), Ocho y Medio, Madrid.