DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Miguel Anxo Rodríguez González

Miguel Anxo Rodríguez
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 28 novembro, 2018 - 19:00

Esculturas, intervencións e desprazamentos. Último terzo do S. XX en Galicia

O último terzo do século XX veu marcado en Galicia por cambios profundos que afectaron á sociedade, á política e á arte. As artes viviron un proceso de modernización acelerado, visible nas tendencias que sucedían e coexistían, aunando referencias que ían desde a abstracción xeométrica á cultura tradicional, a cultura de masas e as tendencias conceptuais; mesmo ampliando o concepto de escultura ata disolvelo, con intervencións espaciais e efímeras. Pero estes son tamén anos nos que o lugar e a función da escultura no espazo público van estar sometidos a fortes debates e tensións, que duran ata o día de hoxe. 

Miguel Anxo Rodríguez González é profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), está especializado en historia da arte contemporánea e teoría da arte. Participa desde 1998 en proxectos de investigación sobre escultura contemporánea, paisaxe urbana e arquitectura, especializándose no contexto de Galicia e norte de Portugal. Ten realizado estadías de investigación en s-Hertogenbosch (Holanda) e en Winchester (Reino Unido). Traballou en torno á historia social da arte na segunda metade do século XX, con estudos sobre procesos creativos, formación artística, e confrontación entre políticas culturais e espazos de creación independentes.

Autor de S-Hertogenbosch-Sargadelos: a creación en cerámica a través de dúas institucións (2000), co-editor de Espazos de creación contemporánea (2005) e de Canales alternativos de creación. Una aproximación histórica (2013). Foi coordinador entre 2007 e 2011 do máster Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas, da USC.