DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Xavier Seoane

Xavier Seoane
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

DIDAC. Santiago de Compostela

luns, 23 outubro, 2017 - 19:30

Pensamento e creación na configuración da arte galega contemporánea.

A construción do discurso histórico, teórico e creativo na arte galega, sobre todo nos séculos XIX e XX, estivo marcado por unha serie de artistas que apuntaron ideas interesantes ao discurso da arte.

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Estodou Filoloxía Románica en Compostela e desde 1975 ven desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria e da arte. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos A Carón e Galga. Ten colaborado entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El País, Gran Enciclopedia Gallega ou Microfisuras. En 1989 publicou, en colaboración con Lino Braxe, a escolma de textos radiofónicos de Luís Seoane, Galicia Emigrante. Tamén con Lino Brax e editou o volumen de colaboracións radiofónicas de Álvaro Cunqueiro, A máxia da palabra (1991), o volumen Luís Seoane e o cine (1994), Luís Seoane e o teatro (1996) e Luís Seoane: Textos sobre arte (1997). En 1990 saíu á luz o seu libro Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega, e, en 1994, Reto ou rendición, análises -hoxe en día imprescindibles- dos presupostos teóricos e criativos da arte galega contemporánea. En 2016 publicou Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista no que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades. A súa obra poética, traducida a varios idiomas, foi seleccionada en múltiples antoloxías de poesía galega actual. Foi ademáis fundador xunto a Manuel Rivas da revista Luzes de Galiza.