DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Christian García Bello. Pongo mi pie desnudo en el umbral.

Christian García Bello


DIDAC. Santiago de Compostela


Christian García Bello

12 setembro, 2020

Mentres camiñaba pola beiravía, bordeando o pé do Monte de Santa Trega, imaxinábame a min mesmo trinta anos atrás, coándome nesa sala co meu metro escaso de altura para mirar a través do vidro do aparador aquel coitelo que esquecera e agora fascinábame de novo. Atopábame ben alí, de volta. O sol pica dunha forma diferente nesa fronteira debuxada polo Miño.

Construír e narrar son accións entrelazadas: a arquitectura é ao espazo o que o relato é ao tempo. A escultura, en cambio, conxuga os poderes do espazo puntuándoo, articulando unha métrica que vertebra un relato espacial poetizado que acompaña e induce ao espectador a un estado de lectura suspensa.

Un pé espido no limiar, a primeira exposición individual de Christian García Bello (A Coruña, 1986) na Fundación DIDAC, propón un relato que vai camiñando desde Bélxica ata a fronteira de Galicia con Portugal, trenzando cuestións en torno ao territorio, as súas formas, a súa historia e o paso do tempo, empregando unha linguaxe escultórica radicalmente ascético e articulado desde a poética do material.