DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Juan López. Es otro

Juan López


DIDAC. Santiago de Compostela


Artistas:

Juan López

11 xaneiro, 2019 a 10 febreiro, 2019

Juan López. Es otro do artista ferrolán Juan López,recolleunhaampla selección de pezas que o artista desenvolveunestes últimos anos -incluíndo fotografías, instalacións, pezas sonoras e traballosaudiovisuais-, cada obra remite a outra obra, entrecruzándose, como o son que se expande por todo o espazo expositivo. Son traballos que se baseanna experiencia e o acontecemento, consecuencia do temperán interese do artista pola música, o son e asúadeconstrución performativa.

David Barro, sinala que “se hai algo que acompaña e dá sentido aostraballos de Juan López é unhasorte de performatividade do pensamento e do discurso”. Un exemplo é a serie HIMNO, onde en palabras de Barro “declínase a música do himno galego en diferentes e irónicas posibilidades críticas sobre as marxes da outredade”. Nese sentido, o título da exposición -Es otro- parte da coñecida frase de Rimbaud - Je est un autre-, onde se suxire a idea central de repetición, que comporta a idea de recordo por unha banda, á vez que fai referencia a esa “outredade” que se dánas citadas pezas da serie HIMNO.

Nesta última serie, onde realiza distintas aproximacións á idea de himno a partir da música que Pascual Veiga compuxo para o himno galego, Juan López trata de xerar distintas lecturas e exporcuestións sobre as ideas de comunidade, carácter, unión, cohesión ourepresentatividade, pero tamén, á súa vez, sobre as ideas de diferenciación, disfunción ou desunión: “xogo coa idea de himno e o que significa, como e para que se utiliza, para expor preguntas sobre a nosaidentidade comunitaria: que é o que nos une?, como vemos aosoutros?, como nos ven os outros?”. Así, no ensaio que o crítico e profesor Fernando Castro Flórez dedica ao artista no catálogo da mostra, lembra como HIMNO de Juan López non ten unhavontade edificante ou reconciliadora: “no himno podemos escoitar non soamente a emoción común, senón que cabe a posibilidade de que se active a resonancia sinistra, o eco daquilo que sendo familiar se tornou estraño. Esta outredade do himno exposta por Juan López viría expor a cuestión de que queren as imaxes: seica nada ou tan sódesexan preservar a súa condición enigmática”.

Juan López utiliza o humor desde o sinxelo, escapando de artificios innecesarios. Coñecedor do mundo da bioloxía, da música e da performatividade, achega a súa obra á súa vida e, neste sentido, tamén á súa profesión de educador no ensino secundario “Como profesor de secundaria, no curso anterior atopeimecun gran número de alumnos con necesidades educativas específicas; adolescentes con moitas dificultades e cun horizonte de expectativas imposto que, ás veces, non pasaba do repetirse unha e outra vez, mañá tras mañá. Esa tesitura fíxome (re)pensar o meu papel de educador como produtor, condicionador e/ou amplificador de reaccións e situacións. De aísaenpezas como ST (Maleducados), a obra sonora Nova educación-nova relixiónou a serieRecordo-repetición, nas que usei as follas dunhakentia para producir esas pezas pintadas sobre papel”. Tamén David Barro incide nesa idea da imposibilidade, sinalando que esta se advirtenoutraspezas como Sen título (á memoria), onde un globo inchado permanece atado a un anaco de mármoreou en Sobre a arte contemporánea, con ese peso da lastra sobre o libro de César Aira.

CV. Juan López (Ferrol, 1973) é licenciado en Historia da Arte e licenciado en Historia e Ciencias da Música. Entre as súas exposicións atópanse Paisaxes sen título (2017) na Fundación Manolo Paz en Cambados, Juan López (2013) no Centro Torrente Ballester de Ferrol ou Art Flagsnas galerías Sargadelos de Madrid, Barcelona, A Coruña ou Ferrol (2010-2011). A súa obra foi seleccionada nos Premios Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2013) ou Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos no Centro Torrente Ballester de Ferrol (2016). Participou en talleres artísticos baixo a dirección de Daniel Canogar, Miguel Palma ou Sandra Cinto entre outros.