DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

FAQ

Que é DIDAC?

DIDAC écomo unha organización de natureza fundacional, de interese galego e sen ánimo de lucro, que nace coa intención de divulgar e proxectar o deseño e as artes contemporáneas. Trátase dunha fundación dinámica e flexible, adaptada a un século XXI que xa non demanda grandes infraestruturas senón programacións serias e rigorosas, con discursos capaces de consolidarse no tempo con inequívoca independencia.

Con que idea nace DIDAC?

A idea de DIDAC é axudar a vertebrar o sector artístico galego co contexto ibérico e ser capaz de dar resposta a algunhas das súas necesidades, con flexibilidade e fuxindo das formalidades habituais do concepto “institución”. A idea de DIDAC é ser unha institución satélite, capaz de orbitar ao redor doutras institucións e conseguir colaboracións e coproducións que permitan a creación e a discusión cultural. Non se trata dun novo modelo, senón de dar sentido a un momento necesitado de alianzas e esforzos conxuntos.

Onde é DIDAC?

Aínda que a sede principal de DIDAC sitúase en Santiago de Compostela e nela poderase ver unha programación expositiva constante e moitas das súas actividades, o programa de DIDAC desenvólvese en paralelo en moitos outros espazos ocasionais, froito de colaboracións institucionais puntuais, de oportunidades estratéxicas en lugares situados fóra dos circuítos oficiais ou en espazos cos que se establece unha colaboración máis constante. É o caso de Appleton Square en Lisboa, que actúa como unha sorte de delegación de DIDAC, a modo de conexión directa con Portugal.

Cal é a sua actividade?

DIDAC producirá exposicións e proxectos, programará conferencias, obradoiros e cursos -tanto para profesionais como para o público máis novo-, e levará a cabo un programa de mentoring, así como distintos modelos de residencias para creadores. Ademais, traballa como consultora estratéxica nos ámbitos do deseño e a arte contemporánea, ao tempo que constitúe un arquivo de creadores en constante actualización, por un lado dixital -que será conformado a partir dunha selección de novos artistas, deseñadores, arquitectos, cineastas, músicos e outros axentes culturais - e por outro físico -capaz de reunir informacións primarias, catálogos, revistas, carteis, fotografías e libros de artistas que contribúen ao estudo do deseño e da arte contemporánea de Galicia e Portugal nos últimos cincuenta anos-. As publicacións tamén ocupan un papel fundamental.

Como podo colaborar con DIDAC?

En primeiro lugar acudindo ás súas actividades e exposicións, xa que o interese do público resulta fundamental. Se queres ser un membro todavía máis activo, podes informarte sobre as nosas alianzas, que pasan polo mecenazgo, o patrocinio, a condición de socio colaborador ou varios modelos de amigo de DIDAC. Por outro, podes participar dos nosos cursos, obradoiros ou eventos, así como disfrutar das nosas publicacións. Tamén, se o teu desexo é iniciarte ou continuar unha labor de coleccionista, podes adquirir algunha das nosas produccións, sexan estas obras de arte ou obxectos de deseño, sempre realizados en colaboración cos seus creadores. Ao adquirir un DIDACproject axudas directamente á financiación dos artistas, de DIDAC e das súas actividades.

É DIDAC unha galería de arte?

Non, porque nin representa artistas, nin acude a ferias, nin ten compromisos expositivo con un mesmo artista cada certo tempo. É un espacio expositivo e de comunicación, un desafio para o creador. A natureza de DIDAC é institucional e sen ánimo de lucro, unha vez que todos os beneficios obtidos son reinvertidos no desenvolvemento da súa programación e actividades.