DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Taller na casa - Christian García Bello

 
familia
En familia, na casa

Coñece o traballo do artista Christian García Bello a partir deste caderno de actividades: segue as pistas da carta de Dirse para atopar os obxectos perdidos e montar a túa propia exposición, debuxa unha das paisaxes que Dirse viu no seu camiño, descobre que hai detrás da porta, monta o teu propio altar, une todas as pezas do quebracabezas; que veremos a través da xanela?
Descarga e imprime o caderno e comparte os teus resultados etiquetándonos nas redes sociais @didac.gal #didacfamilia ou envíanos un email a info@didac.gal