DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Sara Donoso

Sara Donoso
 
curso-formacion
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 17 xaneiro, 2019 - 19:00

Cine, paisaxe, pintura. Unha mirada ao audiovisual galego contemporáneo.

Moitos traballos xurdidos á marxe da industria en Galicia nos últimos anos, presentan certas peculiaridades que os vinculan coas artes plásticas. Desde perspectivas narrativas e formais heteroxéneas, varios comparten unha asimilación da paisaxe que creba as regras de representación convencionais e ábrense a unha mirada dilatada. Así, a paisaxe galega asoma como unha constante nos creadores que nos ocupan, abordándoo desde múltiples estratexias que en moitas ocasións coinciden plasticamente cos recursos pictóricos. Evidenciados claramente nalgúns filmes (textura, tempo, luz, relación iconográfica) e unicamente simulados noutros, estes vínculos motivan unha relación que se orixina na historia da pintura e cuxo peso no noso imaxinario visual compón unha importante bagaxe previa que logra intervir nas nosas estratexias creativas.

    Sara Donoso é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente compaxina o labor investigador con colaboracións como crítica de arte e os seus proxectos de educación e mediación cultural, colaborando coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra como Community Manager e redactora.
    Entre os seus proxectos recentes destacan a coordinación do ciclo Moda e arte. Confluencias e hibridacións para o MAC de A Coruña, ou o relatorio Cine, paisaxe, pintura. Unha mirada ao audiovisual galego contemporáneo na Facultade de Filosofía da USC. Comisariou, entre outras, exposicións como O deseño na oficina no século XX. Da máquina de escribir ao ordenador persoal; Puntos de pintura ou Loureiro. Perfís de realidade, e coordinou mostras como o 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014 (2014).
    Destacan as súas publicacións Antes, durante, despois. Entrevistas con exestudantes da Facultade de Belas Artes (2018); Paisaxe e pintura no audiovisual galego contemporáneo. Dous casos prácticos que se abrazan dende os extremos: Carla Andrade e Xisela Franco (2016). Colabora con revistas como DARDOmagazine, Fotocinema ou Obradoiro de Artesanía.

    Galicia. Un século de creación. 1916-2016