Arrokabe
Arquitectos
Óscar Andrés Quintela,Iván Andrés QuintelaSantiago de Compostelawww.arrokabe.com
Filosofía de traballo
Declaración de intencións:- Partimos dunha especial atención á preexistencia; material e/ou cultural.
- Perseguimos o atemporal e o contemporáneo, non a orixinalidade entendida unicamente como novidade.
- Construímos a linguaxe sobre o concreto, tentamos de non impoñelo.
- Cremos na capacidade expresiva dos materiais e as técnicas construtivas axeitadas.
- Confiamos no optimismo como materia prima principal do acto creativo.
Referentes
Josep Llinàs Carmona.O interese pola nosa parte xurdiu a través da súa obra e os seus escritos. Por circunstancias diversas tivemos a oportunidade de colaborar profesionalmente en distintas ocasións chegando a establecer unha relación de amizade. É precisamente “nas distancias curtas” onde descubrimos unha actitude ante o traballo e o oficio que consideramos un exemplo.
Proxectos destacados
- Centro en Silleda
Rehabilitación e Ampliación de Conxunto de Edificacións con destino a Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade (Medelo. Silleda. Pontevedra) - Centro en Belvís
Rehabilitación de Edificación destinada a Catalizador Cultural
Parque de Belvís (Santiago de Compostela. A Coruña) - Vivenda en Santiago
Rehabilitación de Edificio con destino a Vivenda Unifamiliar
Rúa do Medio, 27 (Santiago de Compostela. A Coruña)
Experiencia destacada
A imaxe final das edificacións resulta recoñecible porque se basea en pautas de deseño derivadas de boas prácticas construtivas impostas polo propio material e recollidas en diversas tradicións construtivas.