Ataque Escampe
Grupo de música
Álvaro Trillo (batería e percusións), Lois G. Carlín (baixo e coros), Samuel Solleiro (guitarra, mostrexo musical, samples e coros), Miguel Mosqueira (guitarra, voz e coros), Roi Vidal (sintetizador, voz e coros).Santiago de Compostelawww.ataqueescampe.orgFilosofía de traballo
“O noso camiño é non ter camiño”, dixemos nunha entrevista en 2012 e seguimos igual. Aspiramos a que cada disco sexa distinto do anterior e traballamos sempre de forma colectiva, coma se o grupo fose unha criatura distinta das persoas integrantes, coa súa propia mente e os seus propios órganos. Como un pequeno dragón que creemos ter bastante domesticado pero sempre acaba por sorprendernos con novos trucos e ataques de furia.Referentes
Temos demasiados e varían de semana en semana, os moi miserables.Discografía destacada
- 2017. Primeiros bicos (Discos da Máquina)
- 2014. O disco vermello (Discos da Máquina)
- 2012. Noites de agosto con Ataque Escampe (Discos da Máquina)
- 2011. Violentos anos dez (A Regueifa)
- 2009. A grande evasión (A Regueifa)
- 2008. Galicia es una mierda (A Regueifa)