Bifannah
Músicos
Vigo, Madrid e LondresGuillermo V. Zapata, Antón Martínez, Antía Figueiras, Pablo Valladareswww.thejohncolbysect.comFilosofía de traballo
O motor creativo de Bifannah reside maioritariamente nun exercicio de investigación e posterior aplicación.
Non só no musical, coas referencias e as raíces botadas no son e o tipo de producións das décadas dos 60 e 70, se non que tamén na parte estética (artwork de cartazes e discos) e na parte lírica, onde tratamos de conxugar diferentes influencias para conseguir un ton o máis persoal posible, sen abandonar referencias e matices recoñecibles para un certo público ou abrindo as portas á referencias descoñecidas para outro.
O emprego do portugués como lingua de expresión, tamén é unha ferramenta que nos obriga a ter que investigar máis. Desta forma chegamos a novas influencias para nós, que doutra forma non teríamos chegado.
A filosofía de traballo a distancia tamén é algo característico. Por motivos persoais, estando en 3 puntos diferentes agora mesmo, a forma de traballo creativo e a posta en común cada certo tempo, máis aló dos concertos, supón un esforzo extra que resulta interesante á hora de dar forma e pechar as cancións, os deseños e ata os propios concertos.
Referentes
O movemento tropicalista, a filosofía e producción das bandas europeas dos 60, o realismo máxico e o naturalismo.
Discografía destacada
- 2016 – Bifannah EP
- 2017 – Maresia (The John Colby Sect).
Proxecto destacado
- Maresia
Supón o noso primeiro traballo de longa duración. Unha colección de 10 cancións onde recollemos o momento persoal e colectivo en canto a gustos, forma de composición e produción. O proxecto vén sempre da man dunha xira na que é preciso revisar a forma e o ataque ás cancións, que sempre poden ser modificadas para ter unha experiencia circular en canto á gravación-directo.
A idea é non parar de compoñer, para, en canto poidamos, volver a traballar no estudio en paralelo cos directos.