Filosofía de traballo
Mediante a fotografía, o vídeo, o cinema, o son ou a instalación, expoño a miña propia linguaxe-realidade xerando contido e pensamento a través da forma e a experiencia estética. Fago uso da eliminación e da negación para volver ao máis primitivo e inconsciente; á experiencia directa sen unha carga directiva, e sen a necesidade de iluminar coa razón, para situar ao espectador fronte a unha certa resistencia á ditadura das estruturas e patróns preestablecidos.
Referentes
Imposible enumerar. Cineastas experimentais dende Val del Omar ata Apichatpong Weerasethakul, pasando por Peter Hutton, entre moitos outros. Artistas visuais que traballan coa experiencia e a forma dende Pierre Huygue a Wolfang Tillmans ou Jochen Lempter. Filósofos, poetas, místicos… por citar algúns deles, Friedrich Hölderlin, Simone Weil, Antonio Gamoneda, etc.
Exposicións destacadas
- 2013 – Horizonte. Museo Guggenheim de Bilbao. Exposición colectiva.
- 2013 – Veraneantes. MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Exposición colectiva.
- 2014 – P2P. Prácticas contemporáneas en la fotografía española. Teatro Fernán Gómez, Sección oficial Photoespaña. Exposición colectiva.
- 2014 – Geometría de ecos. Fundación BilbaoArte, Bilbao.
- 2014 – Llueven manchas de tiempo. Casa das Artes de Vigo.
- 2015 – Kuch Nahi. MAC Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña.
- 2015 – ▽. Galería Trinta, Santiago de Compostela.
- 2016 – Listen to me. FILMADRID (Sección «Pasajes de cine»).
- 2016 – Listen to me. L’Alternativa Festival de Cine Independiente de Barcelona (Sección Panorama).
- 2017 – El paisaje está vació y vacío es el paisaje. Festival Internacional de Documental y Cortometraje Zinebi (Sección oficial), Bilbao.
- 2018 – El paisaje está vacío y vacío es el paisaje. International Film Festival Rotterdam (Sección «Curtain Call»), Holanda.
Proxecto destacado
- 2015 – Kuch Nahi.
Proxecto de fotografía, vídeo, cine e instalación (aínda non totalmente rematado) realizado no Deserto de Atacama grazas ás Becas de Creación Artística en el Extranjero 2014 Gas Natural Fenosa.



