Diego Ameixeiras

Escritor

Santiago de Compostela e Ourense
  • Diego Ameixeiras

Filosofía de traballo

“Cando ves que os tipos da túa xeración cuspen os pulmóns por culpa das bombas de gas velenoso, e que lles cambian as súas pernas de bailaríns por unhas rodas, cando che impiden brindar polos vellos tempos, cando dous obreiros anarquistas, Sacco e Vanzetti, son condenados á cadeira eléctrica e os Dillinger e os Capone están no máis alto, que outra cosa podes facer que escribir Os asasinos ou Colleita vermella?”

Didier Daeninckx

“Na novela criminal, violenta e realista, á americana (novela negra), a orde do Dereito non é bo, é transitorio e entra en contradición consigo mesmo. Noutras palabras: o Mal domina historicamente. A dominación do Mal é social e política”.

Jean-Patrick Manchette

“Hai trinta e dúas maneiras de escribir unha historia. Eu empregueinas todas, pero só hai unha trama: as cousas non son o que parecen”.

Jim Thompson

Referentes

De Dashiell Hammett a Rubem Fonseca, pasando por David Goodis ou Patricia Highsmith, ábrese unha liña histórica da novela negra que considera o xénero unha posición moral.

Publicacións destacadas

  • 2004 – Baixo mínimos, Xerais.
  • 2006 – O cidadán do mes, Xerais.
  • 2006 – Tres segundos de memoria, Xerais.
  • 2009 – Dime algo sucio, Xerais.
  • 2010 – Asasinato no Consello Nacional, Xerais.
  • 2011 – Historias de Oregón, Xerais.
  • 2012 – Todo OK, Xerais.
  • 2013 – Matarte lentamente, Xerais.
  • 2014 – Conduce rápido, Xerais.
  • 2015 – A noite enriba, Xerais.

Proxecto destacado

  • Conduce rápido (Xerais, 2014). Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, 2015.
    Traducida ao castelán en Ediciones Akal (2017).

Do texto editorial de Xerais:

“Tras fuxir mangada coa cámara fotográfica que lle roubou na Quintana a unha parella de turistas, Erika caeu a rolos polas escaleiras de Praterías e procurou sandar as súas feridas na casa dunha amiga. Samuel, o seu irmán, co que convive nun piso do barrio de Vite, procura nas rúas compostelás unha oportunidade definitiva que os saque de vez daquela merda de vida. A aparición dun paquete levará a que as vidas dos irmáns se crucen coas de Ventura, un mozo que fachendea de dedicarse a resolverlle problemas á xente, tanto os sinxelos coma os complicados, apenas un eufemismo para agochar que forma parte dunha banda dedicada ao branqueo e préstamo de cartos. Na liña de novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón, Todo OK, e Matarte lentamente, Ameixeiras profundiza en Conduce rápido na súa liña de modernización radical do xénero negro, baseada na brevidade, dosificación da información, tramas cruzadas e máxima economía expresiva. Coa precisión dun cirurxián ofrece un extraordinario retrato de vidas precarias que deambulan polo decorado da Compostela de hoxe”.