Filosofía de traballo
Fago miña a consideración de Rimbaud, que en tantos sentidos segue a abrir un porvir para a escrita, segundo a cal a poesía está conectada coa capacidade de ver. En consecuencia, o poema non sería unha demostración de determinadas cualidades técnicas, senón un xeito de estar atenta ao despregamento sensible da vida. Ao concibir o poema como un xeito de facer ver e de facer sentir, o meu traballo consiste ante todo en coidar da vida, da miña propia e das vidas que rodean aquilo que tento nomear. Hai pouco tempo descubrín que, na medida na que non podo concibir a vida sen a escrita, a poesía é para min unha relación (co mundo e comigo mesma), así como o lugar desde o que me facer cargo das relacións.
Referentes
A poesía de Álvaro Cunqueiro, a filosofía de Jacques Rancière, a pintura de Basquiat, a música de Bach (por citar só os catro primeiros que me viñeron á mente).
Publicacións destacadas
- 1999 – O estadio do espello, Xerais.
- 2001 – Nós, as inadaptadas, (Accésit do premio Esquío, 2001.
- 2006 – Os hemisferios, Galaxia.
- 2007 – Objetos perdidos (antoloxía en versión bilingüe), Trea.
- 2010 – I am not from here (tradución ao inglés do libro Non son de aquí), Shearsman Books.
Proxecto destacado
Até o de agora, a triloxía poética constituída polos libros Os inocentes (Galaxia, 2014), O deserto (Apiario, 2015, Premio da Crítica Española) e A lentitude (Chan da pólvora, 2017).