Filosofía de traballo
O aparentemente desapercibido convértese en protagonista nun determinado instante e, cando se mantén a maxia, para min xa é obxecto de inspiración. Deste modo é como nacen as miñas pezas, dende un detalle, un recordo, un xesto… Ó mesmo tempo, o feito de experimentar sedúceme moito, e sempre vencellado ó concepto de instalación no que collen múltiples disciplinas. Vexo a creación no campo expandido como ideal. Gozo creando realidades nas que deambular e mergullarse, física e psíquicamente. Ademais, sexa cal sexa o medio no que me exprese nun determinado momento, penso que sempre hai unha maneira de facer moi particular. Cada peza está minuciosamente elaborada e ‘cociñada a lume lento’. Entendo que os pequenos detalles e as filigranas son uns dos meus principais sinais de identidade.Referentes
Móvome entre a tradición e a arte máis nova. Polo que, podería citar a O Bosco, Goya, Manet ou Frida Kahlo, pero tamén a artista de Brooklyn Langdon Graves ou á xaponesa Shishi Yamazaki cos seus vídeos rotoscópicos.De ser soamente un, O Bosco.
Exposicións destacadas
- 2010 – toc…toc, ¿quién es?. La Casona, Fundación Carriegos, León.
- 2012 – Inside. I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.
- 2013 – O bosquexo do mundo. MARCO, Vigo.
- 2014 – Picnic. Galería Trinta, Santiago de Compostela.
- 2015 – A propósito do debuxo. Centro Torrente Ballester, Ferrol.
- 2016 – Once upon a time… , Zona C, Santiago de Compostela
Proxecto destacado
- 2013 – MARCO. Vigo. O bosquexo do mundo.