Pablo Barreiro
Artista
Santiago de Compostelawww.cargocollective.com/pablobarreirowww.instagram.com/pablo_barreiro_art/Filosofía de traballo
Como creador de imaxes ou “experiencias estéticas” interésame de que xeito a información visual chega ao espectador. Hai certos mecanismos visuais que definen un tempo, unha época, a contemporánea, baixo unha enorme cantidade de ilusións; o espectador non só consume, senón que xenera. A imaxe, sobre-explotada, perde o seu valor fetichista. Isto nos fai consumidores dunha repetición masiva de eventos, obxectos…Esta sobredose de información visual relativiza dalgún xeito a natureza da produción artística, vivimos inmersos na cultura da copia. O seu atractivo é descuberto e o seu significado é reinterpretado en tendencias desde a arte á apropiación, cita e repetición. Re-manipular a imaxe, o diario, quizais para volver a un feito máis artesanal, para inverter a visión do espectador.
Interésanme os mecanismos de reproductibilidade, de que xeito a Historia da Arte Occidental utilizou a copia. A miña forma de traballo céntrase na repetición dunha imaxe ou obxecto buscando conflitos entre o orixinal e a copia. Neste proceso crúzanse formas de facer e formas de pensar, o artístico e o artesanal que me leva a procesos físicos onde o erro integra cada vez máis a linguaxe final.
Referentes
Sería imposible e inxusto reducir a un ou uns cantos os referentes tanto individuais como proxectos. O proceso de traballo, o día a día, leva consigo numerosos enlaces sensibles que medran ou se reducen dependendo do estado ou niveis do proxecto dese momento.Pola proximidade e convivencia mencionaría a todo o círculo compostelán de creadores: Mauro Trastoy, Jacobo Bugarín, Olmo Blanco, Jaione Camborda, Yoseba Muruzábal… Despois nas viaxes e residencias as experiencias foron claves para medrar e ollar outras maneiras de facer. En Lisboa o proxecto de ensino na Escola ArCo e en Italia a Residencia NUOVE Residency dirixida por Geraldine Blais.
Tamén destacaría a relación con outras prácticas como a Arquitectura (Rem Koolhas), na Música (Alva Noto), na literatura (Agustín Fernandez Mallo), na fotografía (Luis Barreiro), etc.
Exposicións destacadas
- 2013. No inicio. Convento das Mónicas, Lisboa, Portugal.
- 2013. Veraneantes. MARCO – Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
- 2014. Exposición colectiva. Finalistas e Bolseiros ArCo 2013. Museo da Cidade, Lisboa, Portugal.
- 2014. SOCIAL CITIES – Self Identities, Common Places. Palazzo Albrizzi, Venecia.
- 2014. S/T, Project. Pablo Barreiro frente a Olmo Blanco. Galería Bacelos, Vigo.
- 2014. Maneras de Mesa. Lilliput Galería- Librería Versus, Vigo.
- 2014. COPY_error. Chiesetta di Santa Romagna. Nove, Bassano del Grappa, Italia.
- 2015. Inmaterial. Manu Blázquez / Pablo Barreiro. Zink Espacio Emergente. Salamanca.
- 2016. Velar y Desvelar. Programa de Artistas en Residencia, MAC – Museo de Arte Contemporáneo, A Coruña.
- 2017. SIGNOS. Galería NORDÉS, Santiago de Compostela.
Proxecto destacado
- Como punto de inflexión diría que a exposición COPY _error na igrexa desacralizada de Nove, Bassano del Grappa (Italia) logo do periodo de residencia en NUOVE Residenze no ano 2015.
- Recentemente a exposición SIGNOS na Galería NORDÉS. 2017.