Filosofía de traballo
Romper; elixir e tirar; esquecer; borrar; vagabundear; tomar perspectiva; non desbotar os erros e os fracasos; ter en conta as intensidades emocionais; non confundir o azar coa casualidade; mirar na versatilidade do incerto; facer o contrario do que digan os manuais de arte; razoar o irrazoable; non facer listas de conceptos creativos co afán de seguilos; pensar que as listas non dan solucións definitivas senón suxestións; pero sobre todo, insistir.Referentes
Non hai referentes claros pero direi que doutros artistas ou proxectos me interesan non aqueles que me ofrecen métodos senón provocacións.Exposicións destacadas
- 2005 – Esculturas dun minuto. Sala Alterarte, Campus Ourense.
- 2013 – Mientras tanto, la lógica del objeto. Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
- 2014 – El ingenio de la escalera. CGAC, Santiago de Compostela.
- 2016 – Las líneas paralelas nunca se encuentran. Galería Metro, Santiago de Compostela.
- 2017 – Fe de erratas. Fundación RAC, Pontevedra.
- 2018 – La duda es el único estado posible. Galería Nordés, Santiago de Compostela.