Project Description
Filosofía de traballo
Móvome entre o campo do deseño e o campo da arte, realizando hibridacións e desprazamentos entre ambos. O meu traballo indaga nas relacións que se establecen entre corpo, espazo e materia e nas interconexións que se dan entre eles; en como xorde todo un sistema en función da nosa corporalidade, que é tan xeográfico como antropolóxico, tan psicolóxico como morfolóxico, tan individual como social, un sistema cheo de interrelacións.Actualmente o meu traballo artístico desenvólvese a través de instalación, escultura e performance principalmente, actividade que compaxino como deseñadora de moda e docente.
Referentes
Ann Hamilton, Juan Luis Moraza, Eva Hesse, Lygia Clark e o arquitecto Frei Otto.Proxectos destacados
- Exposicións artísticas individuais
2014 – Filogénesis. Galería Sargadelos, Ferrol.
2015 – Doble simultáneo. Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
2017 – Urphänomen. Sala de exposicións Capilla de Santa Maria. Deputación de Lugo.
- Exposicións colectivas
2012/2013 Camiños no deseño. Pazo da Cultura de Pontevedra e Torre da Caldeia Velha, Portugal.
2013 – ¿Cazadores de tendencias? CentroCentro Palacio de Cibeles, Madrid.
2013 – O diálogo creador. Deseño e tradición cultural. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.
2013 – Hacer, diseñar, pensar. MNAD – Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid.
2015 – Mar de mares. Sala PALEXCO, A Coruña.
2015 – En (re)torno á paisaxe. Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela e Sexto Edificio Museo de Pontevedra.
2015 – 20 formas de cambiar el mundo. Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.
2016 – Experimenta 10+ 1. Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense.
2016 – Noveno premio auditorio de galicia para novos artistas 2015. Auditorio de Galicia.
2016 – Magical girls. Casa das Artes, Vigo.
2016 – Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no S. XXI. Centro Torrente Ballester, Ferrol.
2017 – ArtsFAD 2017. Edificio de Diseño HUB, Barcelona.
2018 – El arte requiere implicación. Sala X, Universidad de Vigo, Pontevedra.
- Desde o ano 2007 ata o ano 2013 presento coleccións de moda baixo a miña marca SARA COLEMAN_Organic Design na pasarela Mercedes Benz Fashion Week de Madrid e en feiras internacionais do sector téxtil, actividade que compaxinei coa docencia en diferentes escolas e institucións.
Experiencia destacada
- 2017 – Programa de Residencias artísticas MAC – Museo de arte Contemporáneo, A Coruña.