Xiana Gómez Díaz

Realizadora e artista visual

Lugo
www.walkietalkiefilms.com
  • Carretera de una sola dirección
  • Exposición Cultura de dormitorio
  • Encontros
  • Autorretratos
  • Vacacions

Filosofía de traballo

Traballo como realizadora e investigadora, tamén fago música, todo de forma amateur. Trato de emprender proxectos artísticos cunha parte de investigación. Ultimamente traballo en materias de relato íntimo, o significado e a construción do xénero. Outros temas recorrentes son a natureza como personaxe, e o proceso creativo.
Para min é importante o proceso de construción, a publicación das obras paréceme secundaria.

Referentes

Nos últimos anos documenteime extensamente sobre o relato íntimo. Unha mina. Como proba do que pode significar a literatura de dormitorio dunha muller nova, a lectura combinada da todopoderosa Mary MacLane (I Await the Devil’s Coming, 1902) coa motivada loser Tammy Pierce (Unlovable, de Esther Pearl Watson, 2009).

Exposicións destacadas

  • 2009-2011 – Talleres sonoros. 20 documentais curtos sobre música e creación. Dirección e producción xunto con Emilio Fonseca. Difundidos pola televisión pública da deputación de Barcelona, XAL.
  • 2015 – Cultura de dormitorio. Narraciones de adolescencia femenina. Premio BCN Producció 2015. La Capella, Barcelona.
  • 2015 – Caminos de ida y vuelta: miradas cinematográficas sobre el exilio interior. Proxección de Proxecto D (probas), Zinergentziak ZINEBI, Bilbao.
  • 2016 – Anticipación, en Proxecto Akerman (título provisional). Curtametraxe en película colectiva en lembranza de Chantal Akerman. Mostra de Cinema de Dones, Barcelona.
  • 2016 – Pantalla CCCB. Xcèntric, Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.
  • 2016 – Carretera de una sola dirección. Premio Proyecto X Films 2015. Festival de cine Punto de Vista, Navarra.

Proxecto destacado

  • 2015 – Cultura de dormitorio. Narraciones de adolescencia femenina. Exposición individual.
Despois de moitos meses de traballo en Proyecto Diario, conseguín vehicular nesta exposición parte das achegas documentais e audiovisuais desta investigación/produción transmedia, que arrinquei en 2013 xunto á miña colega Carla Calleja.
A exposición Cultura de dormitorio foi o primeiro resultado relevante dun traballo no que voluntariamente teñen participado máis de cen mulleres, e permitiunos soñar con futuras ramificacións deste traballo fermoso.
Ademais foi a miña primeira expo individual grande, nun centro de arte relevante, e traballei con Mery Cuesta ó lado. Fantástico.