DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Conversa con Anxo Angueira - O arquivo de Barro

 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 9 abril, 2026 - 19:00

O xoves 9 de abril, na Fundación DIDAC, Anxo Angueira e Pepe Barro protagonizaron unha conversa especialmente enriquecedora arredor da construción da memoria cultural galega.

Ambos abordaron o ambicioso proxecto museográfico da Casa Museo Rosalía de Castro, no que colaboraron e puxeron o foco tanto nas decisións visibles como nos procesos máis discretos que sustentan unha proposta deste alcance. Reflexionaron sobre como interpretar a figura de Rosalía de Castro desde o respecto, equilibrando rigor, emoción e unha mirada contemporánea a través do deseño de espazos que dialogan co visitante. O diálogo tamén permitiu achegarse as reviravoltas do proceso, ás dificultades, negociacións, apoios e anécdotas que revelan a complexidade e a dimensión humana do traballo cultural.

En conxunto, o encontro ofreceu unha valiosa reflexión sobre a posta en valor do patrimonio galego como práctica viva, subliñando o papel do deseño museográfico como ferramenta narrativa e a responsabilidade colectiva na preservación e transmisión do legado de Rosalía de Castro.

Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.