Cristina Garrido. El mejor trabajo del mundo / The Best Job in the World
Cristina Garrido. El mejor trabajo del mundo / The Best Job in the World
El mejor trabajo del mundo reúne un total de dez traballos da artista Cristina Garrido desde o ano 2011 ata a actualidade, no que se recoñecen intereses sostidos e unha madurada liña conceptual centrada en analizar todo o que engloba o mundo da arte contemporánea.
O deseño pode entenderse como unha extensión da propia obra, cunha portada en papel craft que fai alusión á idea de envoltorio e pegada –a modo de postal– unha imaxe da súa exposición na Fundación DIDAC. Ao abrir a publicación o primeiro que se ve é o que parece un papel deixado por descoido: un pequeno boletín de avaliación da Camberwell College of Arts con notas e comentarios de varios profesores que a artista quixo incluír como chiscadela ao seu paso por dita escola.