DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

DAG. 20 anos de comunidade arredor do deseño


DIDAC. Santiago de Compostela


DAG - Asociación Galega de Deseño

29 abril, 2026 a 16 maio, 2026

Cando están prontas a facerse dúas décadas da data que marca o nacemento oficial da Asociación Galega de Deseño, concretamente coa sinatura da acta fundacional o 30 de xuño de 2006, queremos festexar a ocasión cunha pequena mostra que recolle a súa andaina e celebra á comunidade de persoas que durante estes anos formou parte do proxecto colectivo.

A inauguración será na Fundación DIDAC , ás 19 h do mércores 29 de abril, na semana do Día Internacional do Deseño, e permanecerá alí até o sábado 16 de maio. A iniciativa conta con financiamento da Deputación de Coruña coa colaboración de DIDAC, FINSA e Axeitos &Co.