formación
DIDAC. Santiago de Compostela
A aposta da Fundación DIDAC polo deseño está nos seus estatutos, na súas exposicións, na súa colección, na colaboración coa Axencia Galega de Innovación para o desenvolvemento do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 DIFERENZA, nos ciclos de conferencias en colaboración coa Deputación da Coruña, e tamén na formación, dos máis pequenos e dos senior.
Un exemplo é a colaboración con KAOSPILOT, a coñecida escola de progressive business, deseño e liderazgo danesa, que levará a cabo por primeira vez unha inmersión de deseño de experiencia de 3 días en Galicia, formando a profesionais galegos do ámbito do Deseño, as artes e a arquitectura, que poderán traballar esta singular metodoloxía con profesionais chegados a Santiago de Compostelas dende diferentes lugares do mundo como Arxentina, Arabia Saudí, Estados Unidos, Alemania, Brasil ou Canadá para traballar xuntos e deseñar experiencias dende a Fundación DIDAC.
Esta iniciativa está en línea co traballo que DIDAC realiza coa Axencia Galega de Innovación para proxectar o potencial do deseño como ferramenta transformadora para as empresas e a sociedade galega.
Esta experiencia de KAOSPILOT está guiada por Andy Sontag e Alberto Barreiro.