DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

FEED 2023 - Foro de deseño

 
Obradoiro
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 3 novembro, 2023 - 10:00 a sábado, 4 novembro, 2023 - 14:00

Os días 3 e 4 de novembro celébrase en Santiago de Compostela o evento bianual FEED a cargo da DAG, Asociación Galega de Deseño. Este ano a Fundación DIDAC acolle nas súas instalacións dous obradoiros no marco da programación do FEED 2023. O primeiro deles terá lugar o venres día 3 a cargo de David Galar, deseñador gráfico especializado en Motion Design baixo o título “Deseño gráfico a través de motion”. O sábado 4 Marta Falcón, deseñadora de servizos e emprendedora, dirixirá o taller titulado “Deseño de negocios para negocios de deseño”. O FEED 2023 finalizará cunha visita á exposición “A cociña de Barro. Os cadernos do deseño” na Fundación DIDAC impulsada polo socio da DAG e protagonista da mostra, Pepe Barro.