DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Galicia. Procesos y formas.

Galicia. Procesos y formas.
Galicia. Procesos y formas.
Galicia. Procesos y formas.
Galicia. Procesos y formas.

 

Galicia. Procesos y formas.

ISBN: 
978-84-19555-07-6
Autor/es: 
David Barro
Deseño: 
Dardo (Cristina Moralejo)
Tipografía: 
Atlántica Serif e Isaac Sans, de Mais Types
Nº de páxinas: 
290

Galicia. Procesos y formas é un proxecto editorial creado para a terceira edición da Porto Design Biennale, con España (Galicia) como país invitado. O seu autor, David Barro, constrúe unha historia de Galicia a través do deseño e traza un percorrido polo seu pasado, presente e futuro. Unha primeira parte introdúcenos en como desde o deseño conseguiuse construír un carácter diferencial e innovador, no que destacan o papel dos oficios e os costumes da cultura popular e a artesanía, que achegan un valor engadido fundamentado na construción dun sistema de expresión propio e na promoción de industrias capaces de fabricar obxectos con orixe. A segunda parte aséntase nas propostas contraculturais dos comezos da democracia e en como o deseño se impón como disciplina profesional. Por último, a Galicia do futuro fala do impacto xerado a partir de potenciar os recursos do seu territorio e a súa condición atlántica. 

Galicia. Procesos y formas é un proxecto da Porto Design Biennale que conta co apoio da Xunta de Galicia e da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA da Axencia Galega de Innovación, en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia e a Fundación DIDAC. 

Galicia_Procesos_E_Formas

Data de publicación: 
outubro, 2023