LIMEN. Christian García Bello
LIMEN. Christian García Bello
Limen é unha monografía que revisa a última década de traballo do artista Christian García Bello editada pola Fundación DIDAC. O libro recolle unha longa conversa con David Barro, un repaso do proxecto realizado na Fundación DIDAC, Pongo mi pie desnudo en el umbral e unha selección dos seus traballos desde o ano 2013 ata hoxe. O deseño da publicación logra trasladar a propia esencia do traballo do artista definindo unha síntese das súas inquedanzas formais e conceptuais.
A calidez da superficie enteada da cuberta aporta un carácter háptico ao conxunto, ao tempo que contrasta cunha encadernación de lomo visto desde a cal se desvela a propia estrutura construtiva do libro. A portada resólvese desde a rotundidade e a sutileza, presidida por unha liña central estampada capaz de dialogar coa poética visual do artista funcionando coma unha chiscadela ao interior sen desvelar o seu contido.