DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mery Pais. Lei Eterna

Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais
Lei Eterna Mery Pais

 

Mery Pais. Lei Eterna

ISBN: 
978-84-92772-90-2
Autor/es: 
Mery Pais - Mónica Maneiro
Edición: 
Fundación DIDAC
Deseño: 
DARDO (Cristina Moralejo)
Idiomas: 
Galego - castellano
Tipografía: 
More Pro e Attribute Text de Font Font
Formato: 
17 x 24
Nº de páxinas: 
144

O traballo da artista compostelá Mery Pais propón unha reflexión sobre as barreiras relixiosas e culturais. Lei eterna foi unha acción performativa levada a cabo na Praza da Quintana, na que se reivindica o achegamento entre crenzas escenificado coma un acto relixioso multicultural. 

Os participantes camiñan ataviados cunhas fundas negras que os tapan totalmente, despoxándoos da súa identidade ata o momento no que todos se descobren ao unísono e revelan os interiores das vestimentas, forradas en coridas teas asociadas a diversos credos.

Esta colección de crisálidas foi a peza central da exposición Lei eterna, para a cal se edita o catálogo. O obxectivo era dar continuidade editorial ao proxecto performativo e expositivo, deixar un rexistro táctil dunha acción efémera.

A artista buscaba incluír dalgún modo os retais sobrantes da confección dos traxes na publicación, así que optamos por vestir cada libro cun fragmento desas teas e facer de cada exemplar unha peza única.

O volume comeza co rexistro do proxecto Lei eterna para repasar a continuación outros proxectos anteriores relacionados tematicamente.

Data de publicación: 
febreiro, 2025