DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

MOTA participa nun taller (Luis Seoane - María Elena Montero)

Luis Seoane - María Elena Montero
 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 13 xullo, 2022 - 18:00

Continuando o seu paseo polas exposicións da Fundación DIDAC, a nosa protagonista coñece no quinto capítulo os tapices creados por Luis Seoane e María Elena Montero. Aprende a importancia do traballo en equipo, interesándose polos deseños propostos por Luis Seoane, que representan a historia e a cultura de Galicia, e polo valor do traballo manual de María Elena Montero, quen deu vida nos teares a cada un dos tapices. A proposta didáctica baséase no modelo de códigos compartido polos artistas, onde se designa unha cor a cada número, e anima ao público máis novo a inspirarse para facer o seu propio debuxo.