DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Patricia Esquivias. Conferencia performativa: Copiar a

Patricia Esquivias
Patricia Esquivias
Patricia Esquivias
Patricia Esquivias
 
encontro
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 16 xuño, 2022 - 18:00

Copiar a é unha conferencia performativa de Patricia Esquivias na que profundizará na investigación realizada para Copiar a Manuela, un proxecto iniciado por ela no 2020 sobre o traballo de Manuela Ballester arredor do traxe popular mexicano. Ballester viuse forzada ao exilio pola guerra civil e así foi como levou a cabo en México o traballo de investigación sobre o traxe popular que lle tería gustado desenvolver en España. A aproximación da artista a esta realidade preséntase, como é habitual no seu traballo, dunha forma prospectiva e aberta.

Tomando como punto de partida acontecementos, personaxes ou obxectos culturais, Patricia Esquivias fai visibles historias perdidas e relatos que discuten os argumentos oficiais e as canles hexemónicas de transmisión do coñecemento.

Ao finalizar a charla poderemos quedarnos copiando a Manuela.

Para asistir é necesario inscribirse aquí. (Entrada libre previa inscrición)