Presentación
DIDAC. Santiago de Compostela
Rebeca López Villar presentará o próximo martes 23 de maio na Fundación DIDAC o seu último libro ¿Quién no es bruja? Lo brujesco en las representaciones audiovisuales del siglo XXI.
¿Quién no es bruja? propón un percorrido a través das Bruxas audiovisuais dos primeiros anos do século XXI. O obxectivo é comprobar que o videoarte traballa coa Bruxa desde un punto de vista político ou reivindicativo, mentres que en cinema e televisión as motivacións resultan baleiras de contido e rexidas por un sistema de valores esencialmente patriarcal.
A autora estará acompañada nesta presentación por Susana Cendán, profesora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e polo poeta Jorge Rodríguez Durán. Na presentación recitaranse poemas da man de Emma Pedreira, Lorena Conde, Andrea Barreira e Susana Sanches Arins.
Esta publicación conta co apoio do grupo dx5 e da Xunta de Galicia.