DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

ROTEIRO FOTOGRÁFICO

Roteiro fotográfico para crianzas
 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 5 setembro, 2026 - 16:30

INSCRICIÓNS EN info@didac.gal E info@performa.gal
Actividade de balde.

No marco do Festival Plataforma, realizaremos un taller en DIDAC a propósito da exposición Hamartia, de Rita G. Rivera, propoñendo unha aproximación á súa obra dende o xogo e a creación artística.

A actividade comezará cunha visita á exposición xunto ás rapazas e rapaces, invitándoos a observar e descubrir ás imaxes e as formas nas que a artista se aproxima á contorna. A partir desta primeira experiencia, desplazarémonos ao Parque de Belvís, onde continuaremos o taller a través dunha actividade artística que terá a fotografía como protagonista da dinámica.

Neste segundo momento, xogaremos coas imaxes, intervindo sobre elas, transformándoas e utilizándoas como punto de partida para novas creacións. A proposta busca que a cativada se achegue á obra de Rita G. Rivera non só dende a contemplación, senón tamén dende a intervención, o xogo e a experimentación, xerando as súas propias imaxes e relatos a partir do que encontren e observen na contorna.

O Parque de Belvís convertirase así no espazo de exploración e creación, onde mirar a natureza de Compostela dende diferentes perspectivas e descubrir como unha mesma realidade pode ser interpretada de maneiras diversas. O taller pretende aproximar ás rapazas e rapaces a unha mirada subxectiva sobre a natureza e a paisaxe compostelá, conectando a experiencia da exposición coa súa propia capacidade para imaxinar e crear.

Unha proposta para experimentar coa fotografía como ferramenta de xogo e expresión, poñendo en diálogo a obra de Rita G. Rivera, a contorna natural da cidade e as miradas singulares do público infantil.