DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Obradoiro Irene Grau

Taller Irene Grau
 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 21 decembro, 2019 - 11:30

Como actividade ligada á exposición incohérent walk a artista Irene Grau e a educadora Alba Cacheda propoñen un taller para nenas/os que terá lugar na Fundación DIDAC o vindeiro 21 de decembro. Será unha actividade de cor verde.

A Irene gústalle moito saír a pasear pola montaña e os bosques, pero tamén lle gusta moito pintar. Por iso, mistura as dúas cousas e así non ten que elixir unha ou a outra, pode pintar e camiñar na natureza ¡á vez!

O día da actividade Irene e Alba irán vestidas de verde. Non só a roupa será verde, senón que tamén o serán as súas zapatillas, e ata as súas gomas do pelo. Gustaríalles moito que todas/os participantes viñésedes vestidos de verde; verde claro, escuro, non importa.

O resto do taller será sorpresa, só unha pista: utilizarase pintura e esta tamén será de cor verde. En realidade non se usará unha soa cor, xa que existen moitos verdes distintos.

Lugar: Fundación DIDAC
Data: Sábado 23 de decembro
Horario: 11.30 a 13.30 h
Nº de prazas: 15
Idade das nenas/os: de 6 a 10 anos
Prezo: 8 € un cativo/a // 14€ dous cativos/as

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Precio matrícula: 
8.00€