
curso-formacion
Galicia. Un século de creación. 1916-2016
DIDAC. Santiago de Compostela
A renovación arquitectónica. Movemento moderno e racionalismo.
A arquitectura moderna eclosiona en Galicia nos inicios da década dos trinta, en perfecta coincidencia temporal coa difusión do ideario moderno en Europa e América. Nesa primeira modernidade a arte de vangarda, como o cubismo ou o construtivismo, ten unha maior presencia que o ideario ortodoxo do Movemento Moderno. Naquel proceso produciuse unha interesante hibridación entre a experimentación formal da vangarda e a tradición construtiva e espacial da arquitectura que se viña facendo en Galicia.
Nos anos da II República a aparición de novas formas arquitectónicas nas cidades e vilas de Galicia foi significativa e celebrada por unha poboación desexosa de progreso. A presenza da modernidade nas rúas galegas contribuíu, significativamente, a crear unha conciencia de avance cultural e social, que se vería dramaticamente truncado pola guerra.
Fernando Agrasar Quiroga (Vigo, 1963) é arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña (1989) e Doutor pola Universidade de A Coruña (2001). É Director e Profesor titular de Composición da E.T.S.A de A Coruña. Ademais, mantén a súa actividade profesional como arquitecto, dirixida ao deseño de exposicións, proxectos de rehabilitación, de paisaxeou nova planta.
O seu traballo investigador está dirixido cara o análise das arquitecturas moderna e contemporánea, en especial en canto as súas relacións coas outras disciplinas creativas e con diversas manifestacións culturais. Neste sentido, é autor de monografías como Vanguardia y tradición. La arquitectura de la primera modernidad en Galicia, COAG, A Coruña, 2003.
Entre 1999 e 2007 foi responsable da Comisión de Cultura do COAG en A Coruña. Dirixiu xunto con J. Irisarri a revista Obradoiro, de 2000 a 2005 e actualmente é codirector da revista DARDOmagazine con Mónica Maneiro. É membro do Comité Técnico de DOCOMOMO Ibérico (2006).